Novas axudas para comercio electrónico e redes sociais para comercios e artesáns

Inicio / Blog / Novas axudas para comercio electrónico e redes...

febrero 11 2015 Novas axudas para comercio electrónico e redes sociais para comercios e artesáns

Veñen de publicarse unhas novas axudas da Consellería de Economía e Industria para comercios retallistas e obradoiros de artesáns para o desenvolvemento de solucións de comercio electrónico e redes sociais.

Para quen?
As axudas están destinadas a comercios retallistas e obradoiros de artesáns.

Para que?
As axudas cobren proxectos de comercio electrónico, mobile commerce e redes sociais.

Que importe?
As axudas financian un 50% do proxecto presentado, cun importe máximo de 6.000 € para proxectos de comercio electrónico e de ata 8.000 € para redes sociais.

Cal é o prazo?
O prazo para a presentación de solicitudes é de un mes dende a presentación da orde.

Pode ser de interese para ti?
Se desexas máis información non dubides en poñerte en contacto connosco no teléfono 981 757 815 ou no correo electrónico info@abertal.com.

 

Enlaces

Compartir: