Abertal participa nas xornadas técnicas da XXXV Festa da Pataca

Inicio / Blog / Abertal participa nas xornadas técnicas da XXXV...

setembro 18 2015 Xornadas técnicas da pataca

O venres 18 de setembro o Local de usos múltiples de Traba acollerá a terceira das xornadas técnicas da pataca incluídas nas actividades para celebrar o 35º aniversario da Festa da Pataca de Coristanco. 

Esta xornada comezará ás 17h e centrarase no aproveitamento gastronómico e na comercialización online da pataca

Abertal participa en primeiro lugar coa ponencia de Dani Cerqueiro na que falará sobre as tendencias na comercialización de cultivos de horta, e nomeadamente da comercialización online da pataca

Seguiralle Miguel Vila, director da revista BenBo, que tratará sobre a gastronomía e variedades tradicionais da pataca e para rematar haberá unha mesa redonda cos produtores onde se analizará a comercialización da Pataca de Coristanco. 


 

Ligazóns

Compartir: