Presentación de VoluntariadoGalego.org na I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs

Inicio / Blog / Presentación de VoluntariadoGalego.org na I...

outubro 19 2015 Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs

O próximo 22 de outubro estaremos na I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONG's e Entidades de Acción Social presentando o proxecto desenvolvido por Abertal, no que levamos máis de 8 anos colaborando, VoluntariadoGalego.org.

O obxectivo principal desta xornada é "achegar ás entidades do terceiro sector experiencias de implantación e uso de solucións TIC libres que lles permitan mellorar o xeito en que se xestionan, a súa operativa diaria e a súa organización". 

O evento terá lugar no Salón 2 Edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), en horario de 16:30h a 20:30h.


 

Ligazóns

Compartir: