A estratexia en internet de Aspaber, seleccionada para participar no Foro Expansión

Inicio / Blog / A estratexia en internet de Aspaber, seleccionada...

novembro 13 2015 A estratexia en internet de Aspaber, seleccionada para participar no Foro Expansión

O vindeiro martes día 17 no Salón de Plenos da Cámara de Comercio de España en Madrid, a estratexia en internet deseñada para Aspaber pola empresa galega Abertal, será protagonista no Foro Expansión, seleccionada como caso de éxito de todos os proxectos presentados aos programas coordinados polas Cámaras de Comercio de toda España.

Neste foro participarán tamén a directora da Cámara de Comercio de España o director xeral de Red.es, o director xeral de Fundetec, o director xeral do ONTSI, o responsable de vendedores de Ebay España, entre outros. 

Aspaber presentará o traballo de definición da súa estratexia de comunicación e comercialización en internet, onde se analizaron as necesidades e obxectivos, despois do que se desenvolveron ferramentas web, deseñouse un Plan de Comunicación para a Asociación e un plan de comercialización para o Centro Especial de Emprego, así como os contidos necesarios para cada un destes soportes.

Tanto desde Aspaber como de Abertal queremos trasladar a nosa felicidade porque se fixaran no noso modesto proxecto e esperamos que todas as accións que están previstas sirvan para o obxectivo que hai detrás, que non é outro que colaborar coa inclusión na sociedade de todas as persoas que teñen algunha diversidade funcional.

Máis información:

Páxina oficial do evento

Páxina web de Aspaber

Páxina web de Abertal

 
Compartir: