Un paso adiante

Inicio / Blog / Un paso adiante

xuño 22 2018

Estimados clientes e colaboradores, despois de máis de 20 anos traballando xuntos para facer realidade os vosos proxectos, decidimos dar un dos pasos máis importantes na historia de Abertal. A unión fai a forza, por iso desde hoxe unímonos a Visual Publinet para crear unha das máis punteiras axencias de comunicación dixital de Galicia.

Crecer para dar mellor servizo

Con esta unión multiplícanse as nosas posibilidades como empresa e, por tanto, tamén as dos nosos clientes. Visual Publinet e Abertal levamos desde 1997 traballando no entorno online e aportando as solucións máis innovadoras e eficaces para triunfar en Internet. Agora a nosa experiencia e o noso know how súmanse, formando un dos grupos de comunicación dixital máis potentes de Galicia. Por suposto, a nosa relación con vós será a mesma de sempre: seguiremos ofrecéndovos a mellor atención e os mellores servizos, pero con recursos que nos permitirán chegar aínda máis lonxe xuntos. Empeza unha nova etapa na nosa historia e desde Abertal estamos moi orgullosos de que formedes parte dela. Sen a vosa confianza nunca sería posible. 

Moitas grazas! 

Sobre Visual Publinet

Con oficinas en Vigo, Coruña e Madrid, Visual Publinet é unha das axencias de comunicación dixital con máis experiencia de Galicia. Ao seu recoñecido prestixio no mundo do desenvolvemento web hai que sumar un gran departamento de marketing dixital desde o que se impulsan campañas para clientes de todo o mundo.

 
Compartir: